Vímara Peres ou Uimara Petri (c. 820-873) foi un nobre galego do século IX, posiblemente fillo de Pedro Theon. Conde d'Amaía, segundo algunhas fontes, foi enviado por Afonso III das Asturias a reclamar o val do Douro, entón baixo dominio musulmán, e no 868 tomou a cidade do Porto, converténdose pouco despois no primeiro conde de Portucale.
Estatua de Vímara Peres no Porto,
obra de Salvador Barata Feyo (1968).
Unha vez baixo o seu poder, reorganizou o territorio do baixo Douro, restaurou as instituciós da Igrexa, dirixiu o asentamento de colonos e o repartimento de terras e consolidou unha nova fronteira contra os estados musulmáns peninsulares. Foi tamén o fundador de Villa Vimarani, asentamento que, co tempo, daría lugar á cidade de Guimarães.
Recreación que representa a Vímara Peres
cos seus atributos guerreiros.
Casou con Trudildi e tivo con ela dous fillos, Lucídio Vimaranes, que o sucedeu á fronte do condado no 873 e casou con Gudilona Mendes, e Auvidia Vimaranes, que casou con Aloito Guterres. Polos servizos desempeñados para a corte de Afonso III, podemos supor que Vímara Peres tiña unha grande habilidade diplomática e tamén notable capacidade militar e administrativa.

